FESTAS E FEIRAS
Festa das Marzas: Celébrase o 1 de marzo, con motivo do aniversario do falecemento de San Rosendo, fundador do mosteiro de San Salvador e polo tanto, da vila de Celanova. Coincidindo con a celebración tiña lugar en Celanova uns importantes mercados de telas que chegaron a consolida-la tradición comercial da vila.
Festa dos ovos cocidos: Celébrase no pobo da Gandarela, pertencente a parroquia de Santa MarÃa de Castromao, co fin de celebra-la onomástica de San Marcos, o 25 de abril.
Festa da Magdalena: Celébrase o dÃa 22 de xuño no lugar de Santa Eufemia e con ela esta parroquia honra a memoria de MarÃa Magdalena. Ten unha fonte con propiedades curativas.
Festa da Encarnación (Procesión da Ramallosa): Celébrase o primeiro fin de semana do mes de agosto, na memoria da Virxe da Encarnación. Na noite do primeiro sábado ten lugar, como inicio das festas, unha procesión nocturna coñecida coma a Ramallosa, que lle está dando nome a case toda a festa e que ten un sentido totalmente pagán de cara o verán e a primavera, gracias ós motivos florais que a engalanan.
Festa de San Roque: Celébrase a mediados do mes de agosto, sendo o dÃa grande das mesmas o dÃa 16, que é ademais a segunda festa local do ano.
RomarÃa da Virxe da Armada: Celébrase o dÃa 10 de setembro na parroquia de San Salvador de Rabal, a 8 km de Celanova pola estrada denominada "vella de Ourense", na honra de Nosa señora da Armada.
RomarÃa da virxe do Cristal: Sen dúbida o verdadeiro referente mariano, non só do Concello de Celanova, senón de toda a comarca, sendo unha das romarÃas á virxe máis destacadas da provincia de Ourense, xunto ca dos Milagres en Molgas. Durante a mañá do 15 de setembro.
RomarÃa de San Cibrao: Celébrase no lugar de San Cibrao, na parroquia de Acebedo do RÃo, na honra do Santo do mesmo nome. A súa data de celebración cambia segundo o dÃa 26 coincida ou non en fin de semana.