HISTORIA E ARTE:

En Orille podemos contempla-la igrexa parroquial de San Pedro. Un pequeno e sinxelo templo barroco, non exento dun enorme encanto. De fachada sinxela, rematada en espadana, e onde destacan unicamente a verea-1.jpg (13946 bytes)imaxe do titular, nunha hornacina sita xusto sobre o rosetón do segundo corpo. No exterior sobresae un dos laterais que está coroado por unha simpática figura tocando a guitarra.

No interior, dunha soa nave, destaca o retablo, de profusa ornamentación vexetal, con San Pedro presidindo a parte central do retablo, franqueado polas representacións de San Xoán Bautista e de San Xoán Evanxelista. Na Sacristía podemos admirar unha talla de San Pedro sentado na súa cátedra, así como o lavamans que representa un rostro humano.

Cercana a esta igrexa está a ermida de San Torcuato, famosa pola lenda recollida por Ambrosio de Morales no seu " Viaxe Santo ", e a que da lugar un milagre de San Salvador de Celanova quedarán paralizados onde hoxe ubícase a ermida.

verea-2.jpg (34020 bytes)

SITUACIÓN:

Para algúns autores o significado etimolóxico de Verea é CAMIÑO. Fundamentan a súa afirmación en que este concello é un lugar de paso. En época dos romanos unha antiga calzada de carácter secundario que partía de Aquis Querquensis cruzada o actual termo municipal a través do Alto do Vieiro.

Durante as Idades Media e Moderna, sexa o comiño portugués a Compostela, nunha variante por Celanova, o que cinguíndose á antiga calzada romana, siga dándolle significado a Verea. E, en certa forma, o seu desenvolvemento actual e futuro segue marcado por este carácter de " paso ", ó estar condicionado pola estrada que se dirixe a Oporto polo Canal Azul de A Magdalena.

FESTAS E FEIRAS:

Seguindo a tónica dominante no medio rural, son numerosas as festas locais que, con carácter relixioso, celébranse ó longo do ano. Destacan a Natividade de Pitelos e Barreiro, Nosa Señora da Caridade en Bangueses, San Amaro en Albos, San Antón en Sanguñedo, San Mamede en Portela e na festividade da Ascensión celébrase a Romaría de Nosa Señora da Guía en Gontán.

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO 988 430600

Verea es tierra de paso; por ella pasaba uno de los itinerarios romanos de Galicia. Hay restos de un campamento A Cividá y en sus inmediaciones se encuentra la capilla de San Trocado, hoy en restauración.

La iglesia parroquial de San Pedro de Orille, de suma siecillez y bóvedas de cañón, tiene un retablo barroco primosoramente decorado.

verea-3.jpg (10751 bytes)

En Sanguñedo se puede visitar el curcero, muysencillo, pero con un cristo con una expresión dolorosa de lo máis patético.

 

 

Verea

Galeria de Fotos
A Merca
A Bola
Cartelle
Celanova
Gomesende
Padrenda
Pontedeva
Quintela de Leirado
Ramiras
Verea

 

Verea Padron 98
Verea Padron 96