SITUACIÓN
Colgando da comarca do Ribeiro e a uns 60 km da capital da provincia atopámonos co pequeno Concello de Pontedeva.
O seu relevo é moi variado, con pequenas altitudes que xamais sobrepasan os 400 metros. A vexetación arborada é exuberante nas zonas de maior pendente.
É un dos concellos máis pequenos da provincia. Componse de dúas parroquias: Pontedeva e Trado.
A súa rede hidrográfica está constituÃÂda polos rÃÂos Deva e Miño, abundando a pesca. En Trado Pequeno existe un coto de troitas (confluencia Deva-Paredes). Péscase tamén lamprea no Miño.
A vide, cultivada en bancais e vides baixas (agras), proporcionan ó concello unha producción importante. .
DESCRIPCIÓN XEOGRÃÂFICA
FÃÂsicamente, o termo municipal organÃÂzase en torno ó rÃÂo Deva, que xunto cos seus pequenos afluentes, deu lugar á formación dun fondo e exuberante val que se prolonga de norte a sur, ocupando a maior parte do concello. Este sector, é o máis humanizado e de terras de alto potencial productivo, caracterÃÂzase polo predominio de amplas terrazas e de pequenos "sucalcos" que se intercalan entre elevacións de escasa consideración, comprendidas entre os 100 e os 200 metros sobre o nivel do mar.
Igrexa Parroquial
Antiga Casa con escudo
FESTAS E FERIAS
HISTORIA E ARTE
Os castros encontrados nos lugares de Valiño e A Serra constitúen a primeira evidencia de que estas terras foron habitadas por culturas prerromanas. Incluso especúlase coa posible existencia dunha antiga vÃÂa romana que, segundo algúns investigadores, pasaba por Pontedeva, o que facilitou o asentamento de pequenas comunidades nas zonas máis chans do termo.
Durante o antigo réxime señorial, as dúas parroquias do concello de Pontedeva pertencÃÂan á xurisdicción de Milmanda, polo que estaban sometidos ó SeñorÃÂo do marqués de Malpica, que cobraba impostos e impartÃÂa xustiza ordinaria nestas terras, ata finais do século XVIII.
MONUMENTOS E MUSEOS
TELÉFONOS DE INTERESE
CASA DO CONCELLO 988 49 50 00
Escudo