FESTAS E FEIRAS

  • 9 de febreiro, Santa Apolainaen Grixo (Ramirás)
  • 13 de xuño, San Antonio no Viso (Ramirás)
  • 24 de xuño, San Xoán na Ermida de Calvos (Ramirás)

TELÉFONOS DE INTERESE:

CASA DO CONCELLO988 491523

SITUACIÓN

Atópase a 34 km. de Ourense, sendo a principal vía de comunicación a C-531 Xinzo-Vilargarcía de Arousa. As restantes estradas polas que se pode acceder ó concello son de carácter local.

Neste concello de 40 km. 2 e conta con 2.152 habitantes, repartidos en 10 parroquias; e a capitalidade encóntrase en Picouto.

Está situado no val do río Tuño, a esquerda do río Arnoia. Val fermoso e fértil entre a serra de Siva Escura ó oeste e os montes de Pizás, que separan as cuncas do río Sorga e o Tuño.

Abundan os regatos de certa entidade, como el Abelaira, favorecidos pola proximidade da alta montaña que albergan neve no inverno e abundantes precipitacións.

Detalle del MosteiroHISTORIA

Vista lateral Mosteiro de RamirasExisten restos arqueolóxicos da época neolítica, que testemuñan a presencia de asentamentos humanos neste concello. A proba máis evidente atopámola nas mámoas de Monte Albán e na antiga vía romana de Aquis Querquernis, testemuña da presencia dos romanos neste territorio. Esta vía entraba por Galicia por Portela de Home, cruzaba o río Limia por ponte Pedriña cerca de Cabaleiros, e seguindo a marxe dereita dese río, entraba na depresión de Antela por Rairiz de Veiga.

A xustiza ordinaria na antiga xurisdicción de Rairiz de Veiga, que integraba as freguesías de distintos concellos, correspondía ó Conde de Monterrei, verdadeiro administrador e propietario das terras correspondentes as seis parroquias. O resto do termo pertencía ó señorío do Conde de Montezuma, que administraba as parroquias de Congostro e Ordes

Igrexa parroquial de Paizás: Destaca a súa fachada principal, único testemuña das orixes románicas de toda a fachada e que parece vixiar o paso do río Tuño. A porta principal posúe arquivoltas baquetoneadas e semicirculares, con decoración formando unha liña en zig-zag. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas, nas que podemos contemplar uns interesantes capiteis románicos con formas antropomórficas.

A igrexa é dunha soa nave, con cuberta de madeira a dos augas. Excepto o ábside, de forma rectangular, que está cuberto con bóveda de canón semicircular. Na cabeceira do ábside ábrese un nicho no que se atopa unha delicada imaxe da Virxe do Neno, que seguramente é do século XVI.

Igrexa de Freás de Eiras: é unha igrexa rural moi sinxela, no que radica a súa beleza. Atópase unha fermosa paisaxe de gran encanto rural.

 

 

Ramiras

Galeria de Fotos
A Merca
A Bola
Cartelle
Celanova
Gomesende
Padrenda
Pontedeva
Quintela de Leirado
Ramiras
Verea

 

Monasterio de Ramiras
Ramiras Padron 98
Ramiras Padron 96