SITUACIÓN
Cartelle é un dos concellos ourensáns regados polo rÃÂo Arnoia, emisario pola esquerda do Miño. Abarca unha extensión de 93,94 quilómetros cadrados, encadrándose no extremo surocidental da Depresión de Ourense que forma un amplo escalón intermedio entre o Val do Miño ó norte e as altas terras do sur da provincia.
As doce parroquias que o compoñen comunÃÂcanse facilmente a través de numerosas estradas locais; a nacional 540, que se cruza o concello polo sureste, facilita a conexión con Ourense, a uns 26 quilómetros e Celanova a 14 quilómetros.
Outomuro é a capital e o municipio pertencente á comarca de Celanova.
Fortaleza de Sande
FESTAS
A feira local de Cartelle celébrase cada quince dÃÂas o 4 e o 18 de cada mes. É de tipo comercial e gastronómica: o saboroso polbo acompañado dunha ración tenreira galega case se converte nunha obriga para o visitante.
Pero a festividade máis concorrida é a das Maravillas. É este santuario, seguindo a tradición, que parece partir do ano 1646, ten lugar unha alegre e vistosa procesión que percorre varias localidades da parroquia con arcos florais que acompañan a imaxe da Virxe, moi engalanada; ó mesmo tempo lévase a cabo a ofrenda e poxa de productos locais do campo.
Outras festas no municipio son: O Forrollo en Vilar de Vacas o luns de Pascua; Nosa Señora do Mundil en Outomuro no mes de agosto; San Bartolomeu en O Santo no mes de agosto; Santa LucÃÂa en Teixugueiras no mes de decembro; San Bieito en Santabaia de Anfeoz no mes de marzo; San Roque e San Vitoiro en A Seara no mes de agosto; San Bieito en Cartelle en marzo; San Ramón en Soutelo en agosto; San Miguel en Espiñoso no mes de setembro; San Xosé en Nogueiró o 19 de marzo; A Virxe do Pilar o 12 de outubro en Sabucedo de Montes; Santo Tomás en Santo Tomé en decembro; en agosto en Baldariz a festa de San Lourenzo e a Virxe dos Aflixidos en Sande (Parbón) no mes de setembro.
Ademais destas festas patronais celébrase tamén a Festa do Cabalo na localidade de Nogueiró no mes de xuño e A Festa das Carrilanas en Cartelle durante o mes de xullo.
Vista do Concello
Igrexia Barroca
Santuario
HISTORIA
A historia de Cartelle lévanos ineludiblemente a falar de Celanova e do seu Mosteiro Benedictino que, xunto a outros, exerceron unha grande influencia e foron os motores da economÃÂa da Galicia rural na Idade Media.
A xurisdicción do mosteiro estendÃÂase por toda a comarca e amplas zonas da provincia e de fóra dela, establecendo prioratos que recadaban rendas. Na zona preto do Miño, os monxes estimularon o cultivo do viñedo. Proba da súa influencia son as ruÃÂnas do antigo castelo de Sande, que foi doado o Mosteiro por Alfonso VII no século XII. O abade do mosteiro acumulou varios tÃÂtulos; conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real.
ANÃÂLISE SOCIOECONÓMICA
AÃÂnda se mantén a forte tradición migratoria de hai algúns anos. No ano 1950, o municipio case alcanzaba os nove mil habitantes. Dende entón, as saÃÂdas foron continuas pero, cada vez máis, establécense movementos diarios de traballadores que se ocupan preferentemente no sector dos servicios da capital ourensá.
Cartelle é un dos municipios que conta cunha maior superficie de concentración parcelaria da Comarca. Esto explica a existencia dunha ganderÃÂa máis evolucionada e cunhas explotacións que son as de maior dimensión.
Polo demais, algunhas empresas da construcción e o aproveitamento dos recursos forestais completan o panorama socioeconómico do municipio. Conta cunha abundante superficie de monte comunal. Coto do Castro, susceptible dunha intensa repoboación forestal.
Igrexia
CULTURA, MONUMENTOS E TURISMO
A orixe da fortaleza medieval da Torre de Sande que pertenceu ó Mosteiro, está emprazada nun montÃÂculo, dende o que se divisa unha ampla panorámica que comprende xa a terra do Ribeiro, cos vales do Miño e Arnoia. Cerca de aquàé interesante visita-la Casa de Outeiro, do século XVIII.
Entre as obras arquitectónicas, podemos destaca-la igrexa de Santa Baia na parroquia de Anfeoz; é unha mostra barroca, cun interesante campanario. No muro da Igrexa é interesante tamén o peto de ánimas, do mesmo estilo.
Tamén as igrexas de Cartelle, As Maravillas en Espiñoso e Mundil, son bos exemplos do barroco. No atrio da igrexa de Mundil foi enterrado o Padre Feijóo.
Por outro lado o rÃÂo Arnoia ofrece amplas posibilidades para desfrutar dunha paisaxe silvestre e frondosa, podendo practica-lo deporte da pesca, que tamén é posible en algúns dos seus emisarios.
Ó longo do seu percorrido, atoparemos algunhas pontes antigas; a máis interesante é a ponte romana de Freixo, na parroquia de Penela. Declarada monumento histórico-artÃÂstico, parece que foi un dos ramais secundarios da VÃÂa romana XVIII do Itinerario Antonino.
A ponte nova sobre o Arnoia, é dos séculos XVI e XVII.
Un derradeiro dato a destacar é o nacemento en Cartelle do cineasta galego Carlos Velo.
TELÉFONOS DE INTERESE
CASA DO CONCELLO 988 49 11 20