HISTORIA

Durante o medievo seu territorio estivo supeditado á xurisdicción eclesiástica exercida polo mosteiro de Ramirás sobre a parroquia de San Pedro de Leirado, así como á do señorío do marqués de Malpica sobre las de Santa María de Leirado e Ríomuiños.

A configuración parroquial modificouse en 1.836 ó crearse a parroquia de San Pablo de Quintela de Leirado e se contemplou en 1893, con la de Xacebáns.

 

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA

O relevo organízase en torno ó río Deva, o fondo do val constitúe a arteria económica e vital do concello. Ó seu redor disponse dúas unidades topográficas que lle confiren un aspecto accidentado e unha elevada altitude media: ó sur con alturas superiores ós 1000 metros, encóntranse as estribacións da Serra de Leboreiro, Penagache, Aguillón do Castelo, etc; de aspecto agreste e fortes pendentes; ó noroeste, localízanse cotos e cerros de cumes planas (coto de Silva Escura, da Moura), con alturas entre os 700-900 metros.

O Deva dirixe a rede fluvial e fertiliza a súas terras, para posteriormente desembocar no Miño. Nace ó pe da Serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura e posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes.

SITUACIÓN
Este concello ten unha superficie de 31,6 km2 e conta con 30 entidades de poboación agrupadas en cinco parroquias : Xacebáns, Redemuiños, Leirado, Mociños e Quintela de Leirado.
Para chegar a Quintela dende Ourense, da que dista 50 km., temos que chegar a Celanova e unha vez na vila de San Rosendo colle-la estrada comarcal 531, e a un km. tomar unha desviación da comarcal 167.

Pazo de Quintela

Igrexia seculo XVII

Via Crucis

Vista Panorámica

FESTAS E FEIRAS

  • 2 de xullo Santa Isabel en Mociños (Quintela de Leirado)
  • 25 de xullo Santiago en Xacebás (Quintela de Leirado)
  • 6 de agosto San Xusto en Souto-Redemuiños (Quintela de Leirado)
  • Primeiro domingo de setembro, el Carmen en Quintela de Leirado
  • 8 de setembro Os Remedios

TELÉFONOS DE INTERESE:
CASA DO CONCELLO 988 493500

ARTE

Igrexa parroquial de San Pedro de Leirado: fermoso exemplar barroco construído entre 1664 e 1710. Pertenceu na súa época ó mosteiro de Ramirás. É de planta de cruz latina, con tres naves separadas por columnas e cubertas de madeira. Sobre o cruceiro, cúpula con linterna que ilumina o altar. O ábside ten bóveda de crucería. Sancristía con bóveda de canón onde temos un curioso lavamáns, xa que ten forma de cabeza saíndolle auga pola boca.

No seu interior temos un bo exemplar de retablo rural galego, obra de Alonso López e Bernardo de Cores. O sagrario de soberbia exquisitez, mide uns 2,20 metros de alto e está dividido en tres corpos. Destacando na súa porta unha miniatura que representa a Última Cea, nos laterais temos representacións da adoración dos pastores e o nacemento de o Salvador. No segundo corpo represéntase o sacrificio de Abrahán e no terceiro a escena de David e Goliat. Os enmarques do retablo están decorados con diversas escenas da vida da Virxe, no Novo Testamento e representacións de santos.

Nas inmediacións da igrexa aínda se poden contempla-los restos dun vía crucis.

A Capela da Virxe dos Remedios: é un curioso exemplar de igrexa rural. Posúe unha soa torre, a esquerda da fachada, onde se atopa o campanario. Destaca a torre pola súa robusteza, contrastando con outras da época nesta comarca, que son máis estilizadas. A fachada principal conta con dous corpos. O primeiro encóntrase enmarcado por dous pares de pilastras apoiados que franquean a porta principal, sobre a que se insinúa un frontón barroco, e os seu laterais non se pechan ó concluír en voluptas. Na parte centran deste frontón ábrese un nicho na que se encontra o titular da igrexa. Sobre este primeiro corpo álzase un segundo corpo, posterior con forma de frontón e no seu centro ábrese un rosetón que ilumina o interior.

Igrexa de San Salvador de Redemuíños: No seu interior temos un dos mellores retablos da comarca. Destaca a súa parte central, enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar a imaxe da virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, temos representado ó Salvador. Coroa o retablo un cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e San Paulo.

No contorno da igrexa merece a pena visitar a rectoral, na que sobresae o reloxo de sol tallado na pedra. Trátase dunha fermosa peza, na que o reloxo se coroa a figura dun músico, tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.

Vista Panoramica de Mociños

Pulsar sobre la foto para ver una imagen mas grande de Mociños

 

 

Quintela de Leirado

Galeria de Fotos
A Merca
A Bola
Cartelle
Celanova
Gomesende
Padrenda
Pontedeva
Quintela de Leirado
Ramiras
Verea

 

Quintela Padron 98
Quintela Padron 96
mocinos