ARTE E MONUMENTOS Nosa Señora da GuÃÂa Ten importancia como centro mariano que vai paralelo a decadencia como centro de peregrinación do Santuario de Nosa Señora do Val, nese mesmo concello. A fachada esta ocupada na súa totalidade pola portada con pilastras clásicas, onde a estructura considerámola unha fachada de retablo. Na fachada un frontón con volutas inversas nos extremos, que se rematan con pináculos de bolas, da un aire aberto a fachada. Un primeiro corpo con dous vanos nos que van as campás, e rematando cun corpo dun só vano, situado no centro e coroado cunha cruz. Os ábsides son rectangulares, coroados polos pináculos terminados en bolas, e cunha ventá cadrada que no interior está tapado por retablos. Nosa Señora do Val de Poulo É un santuario situado no monte dende onde podemos contempla-la beleza do val. O edificio non rematado segundo os proxectos orixinais o queda-los muros de peche a pouca altura, é barroco. Onde hoxe se levanta o santuario, houbo unha vella capela, da que hai restos de muros derrubados e fontes termais, ou baños, instalados ó redor da ermida. Foi unha capela dependente da Igrexa de San Pedro de Poulo, inicio dun convento que por razóns non de todo coñecidas nunca chegou a construÃÂrse. Chama a atención o seu dobre cimborrio, anterior e posterior, ambos octogonais, destacando en altura. Ademais, o termo dispón de fermosos exemplos de arquitectura barroca como son as igrexas parroquiais do Pao, Poulo e Fustás. Do mesmo xeito, non debemos esquece-las antergas casas señoriais, como por exemplo as que hai en Guielas, Pombiñas e a de Pumar, en Sobrade. A suxerente beleza paisaxÃÂstica combina os perfiles ondulados da montaña, cubertos de mato e salpicados de carballeiras, cuns vales quebrados e encaixados dos rÃÂos. Dende o Alto de Val, aprécianse unhas interesantes vistas panorámicas do val de Gomesende, asàcomo dende a ermida de Santiago de Viñal, onde o horizonte abarca ata o val do rÃÂo Miño. Da mesma maneira, existen posibilidades de practicar o sendeirismo, principalmente cara o sur montañoso. |