ARTE

A igrexa de San Pedro de A Mezquita formaba un coto que, antes da abolición dos señoríos pertencía ós condes de Monterrei.

Unha lenda conta que foi edificada polo diaño nunha noite. Tamén asegura unha tradición popular, recollida por Madoz, que antes de ser igrexa cristiá fora unha Mezquita Musulmana.

O edificio é un magnífico exemplar románico de finais do XII construído, sobre un templo anterior ó século X e a súa existencia está demostrada cunha escritura da sepultura do mosteiro de San Salvador de Celanova datada en 986.Tamén aparece mencionada en 1012, por mor dun preito entre os monxes de Celanova e un tal Vistruario.

É dunha nave e ábside semicircular. A nave está dividida por tres arcos torais sostidos por contrafortes. A cuberta, a dúas augas, é de madeira excepto no ábside que é unha bóveda oxival. A fachada principal posúe unha riqueza ornamental de gusto exquisito. A porta, cunha serie de tres arcos motivo ornamental e unha cruz latina. Está enmarcada por dous contrafortes verticais e cunha imposta horizontal ensanchada formando un torna-choivas sustentado por catro pequenos canais decorados. Os espacios representan animais. Entre os contrafortes e a porta temos as figuras de San Pedro e Santa Ana. A parte superior dos contrafortes teñen un cordeiro, o da dereita e unha loba amamantando unhas crías o da esquerda. A fachada remata cun Agnus Dei.

No lateral dereito levántase a torre do campanario, que co seu empuxe vertical rechaza o carácter pechado da fachada.

Cerca da rectoral de San Pedro da Mezquita hai unha casa solariega e unha torre almenada, que segundo contan, pertenceu ó duque de Bragança.

Un interesante exemplo de arte rural e relixioso de Galicia é o cruceiro de Vilar. De fermosa feitura, posúe fuste e capitel corintio, o que contribúe a darlle un aspecto máis estilizado e maxestoso ó cruceiro.

SITUACION

A 16 km de Ourense pola C-540 Ourense-Portugal, a ambos lados do río Arnoia, entre as ladeiras dos Castros de Trelle ó norte e as derradeiras estribacións de San Cibrao ó sur, encóntrase o Concello de A Merca (50,92 km2)

A súa altitude media xira ó redor dos 500 metros, destacando os montes de Barracel (856 metros). A súa rede hidrográfica está organizada ó redor de Arnoia e do Barbaña.

O sector primario é a base económica deste concello. Testemuña da tendencia agrícola destas terras é o magnífico conxunto de canastros que se poden contemplar na Merca.

Na Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos e Monte de Castro Olás, existen restos arqueolóxicos que demostran a súa ocupación con anterioridade á chegada dos romanos.

HISTORIA

Os vestixios arqueolóxicos existentes fan referencia a un importante fenómeno castrexo, particularmente intenso en torno ó río Arnoia, onde os castros dispóñense obedecendo a un criterio defensivo. Así mesmo, o paso da vía romana que unía Braga con Lugo, favoreceu a romanización.

Durante a Idade Media tivo lugar unha importante colonización monacal ligada ó convento benedictino de San Rosendo de Celanova, fundado no século X. O devandito Mosteiro, sostivo importantes litixios cos señoríos que posuían cotos no territorio municipal, entre eles o señorío dos Duques de Braganza en nome da monarquía portuguesa, a de os Condes de Monterrei e a do Conde de Ribadavia.

  • FESTAS E FEIRAS

É coñecido o carnaval de A Mezquita, que dura dous días, e no que os Galos bailan polas rúas xuntándose cos Mecos de Froxas das Viñas. Estes últimos, ó estilo das pantallas de Xinzo, comezan unha singular persecución co público asistente os actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática, moi similar á utilizada nos carnavais de Laza.

Hai ademais outras festas patronais, sendo a principal a festividade do Espírito Santo.

TELEFONOS DE INTERESE

CASA DO CONCELLO 988 26.00.00

Página recomendada: http://www.a-mezquita.com/

MONUMENTOS E MUSEOS

O Municipio dispón de diversos atractivos culturais e paisaxísticos, que xunto coa proximidade á capital lle confiren unha función de recreo. A súa beleza natural permite o desenrolo de rutas de sendeirismo, complementadas con áreas recreativas como a de Rubillón, a beira do río Arnoia.

Ó longo deste río están os máis antigos vestixios, como os castros de A Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos, Castro da Rodela (é o de maiores dimensións) e o do Monte do Castro de Olás.

 

 

A Merca

Galeria de Fotos
A Merca
A Bola
Cartelle
Celanova
Gomesende
Padrenda
Pontedeva
Quintela de Leirado
Ramiras
Verea

 

A Merca Padron 1996
A Merca Padron 1.998